Episode Details

Back to Episodes
134. Limiar en sons. Do que escoito cando estou a correr

134. Limiar en sons. Do que escoito cando estou a correr

Episode 135 Published 2 days, 10 hours ago
Description

[sons.red/podcast/limiar](https://sons.red/podcast/limiar/)

Es de quen gosta que lle recomenden novos podcasts? Mércores, 7 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Hai podcast que me gustan. Hai podcasts que me sorprenden. E está Limiar en Sons, un podcast (in)frecuente de Fidel Mouzo, breve, sincero e íntimo, como el mesmo o presenta. Imaxina que quero contar algo. Contarcho. E cando estou a darlle voltas, chega aos meus ouvidos "Has pagado y no has entendido nada", do 17 de setembro, e "Maricarmen y el precio de volver a casa", do 29 dese mes. E fico estupefacto, porque Fidel conta exactamente o que a min me gustaría transmitir e el o fai dun xeito que eu non podería. Nun mundo podcasteiro onde se insiste na regularidade de publicación, sempre me vai quedar a emoción de atopar no meu podcacher un novo episodio deste Limiar en sons, por moi infrecuente que isto aconteza.

Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us