Episode Details

Back to Episodes
As ANPAS de Ferrolterra denuncian carencias e obras pendentes no inicio do curso escolar 26-27

As ANPAS de Ferrolterra denuncian carencias e obras pendentes no inicio do curso escolar 26-27

Published 1 day, 19 hours ago
Description
A Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra fai un balance crítico do inicio do curso 2026-2027 e advirte de que numerosos centros educativos da comarca afrontan o novo ano lectivo con necesidades aínda sen resolver. Entre os casos sinalados están o CEIP Mosteiro de Caaveiro, que comezou o curso sen especialista de Música; o CEIP de Esteiro, pendente da posta en funcionamento do ascensor; ou os colexios A Gándara, A Solaina e San Isidro, que manteñen diferentes necesidades de obras e reformas. No CEIP Ledicia, ademais, cinco profesoras non estiveron dispoñibles ata o propio inicio do curso e continúa sen cubrir parte da xornada dun especialista de Audición e Linguaxe. Nos institutos, a Federación lembra as reivindicacións do IES de Fene, que reuniu máis de tres mil sinaturas para reclamar unha reforma, e as obras pendentes no IES As Telleiras. No Terra de Trasancos continúan tamén os problemas coas tubaxes e coa organización do ensino de Grego. A ANPA Pérez Alberti engade unha nova reclamación: no Terra de Trasancos hai unhas portas de aluminio bloqueadas desde hai case tres anos, deixando inutilizada unha saída do centro. Reclaman a súa reparación inmediata por razóns de seguridade.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us