Episode Details
Back to Episodes
123. Unanimidades
Description
This is episode 124 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 17 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.
Es dos que aprecias a unanimidade? Xoves, 17 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Desconfío das unanimidades. Sóame mal cando para xustificar unha cuestión calquera dicimos: "É que todo o mundo fai ou pensa así", ou "ninguén apoia iso". Non sei se ves a incongruencia de, por unha banda, defender que vivimos nunha sociedade plural, diversa, etcétera, etcétera, e por outra banda insistir tanto na busca da unanimidade. Vou propor un neoloxismo: o TODO-LITARISMO. Dise da corrente que pretende fomentar un pensamento único, un posicionamento unívoco da poboación, arredor dunha idea ou dun principio que entenden intrinsecamente bo. Mais que tamén apartan, vilipendian ou ridiculizan a aquelas persoas que non só defende pensamentos contrarios, senón que poñen en cuestión ou crítico esas posturas pretendidamente universais. TODO-LITARISMO. Non confundir con totalitarismo, esa corrente ideolóxica xurdida na primeira metade do s. XX.