Episode Details

Back to Episodes
O Foro dos Vivos reúne máis de 150 persoas en Porto do Cabo para reivindicar o Camiño de Santo André

O Foro dos Vivos reúne máis de 150 persoas en Porto do Cabo para reivindicar o Camiño de Santo André

Published 1 week, 2 days ago
Description
Máis de 150 persoas participaron esta fin de semana na cuarta edición do Foro dos Vivos, celebrado en Porto do Cabo, un enclave estratéxico do Camiño de Santo André. Organizadores e veciñanza fixeron balance en RadioVoz dunha cita que medra cada ano e que combina cultura, patrimonio, gastronomía, música e tradición. As grandes protagonistas foron as caldupeiras, encargadas de recuperar a tradición das mulleres que ofrecían caldo e outros alimentos aos romeiros que se dirixían a Santo André de Teixido. Tamén houbo obradoiros de cerámica e de elaboración dos tradicionais sanandresiños, ademais de produtos e artesanía procedentes de diferentes puntos da contorna. O foro incluíu conferencias sobre o patrimonio vinculado ás rutas de peregrinación e entregou o primeiro Premio dos Vivos a Loli Rubido, polo seu traballo de estudo e divulgación do Camiño de Santo André. A organización reivindica que iniciativas deste tipo contribúan tamén a dinamizar a economía local e reforzar a implicación da veciñanza. Porto do Cabo prepara xa a quinta edición, prevista para 2027.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us