Episode Details
Back to Episodes
Sedes celebra este sábado a IV Foliada con música tradicional, baile, teatro, obradoiros e unha gran foliada aberta
Published 1 week, 3 days ago
Description
A tradición musical galega será protagonista este sábado, 19 de setembro, en Sedes, coa celebración da cuarta edición da Foliada de Sedes. A actividade, organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu!, desenvolverase na nave do Recinto Feiral do Trece desde as dez da mañá.
A xornada comezará cun obradoiro de construción de pandeiros impartido polo artesán Andrés Balbona. Á unha e media, Os Rueiriños, de Nós, animarán a Foliada Miúda durante a sesión vermú. Ás dúas e media haberá un xantar popular con churrasco e callos veganos.
Pola tarde, Teatro dos Ghazafelhos representará «Monstros no Camiño», con entrada gratuíta, e ás seis Luís Prego ofrecerá un obradoiro de baile tradicional para niveis de iniciación e intermedio. A música comezará ás oito da tarde con Tríade, de Vigo, Algarabía, de Valdoviño, e Argalleiros, de Sigüeiro. Despois abrirase a foliada libre, con posibilidade tamén de cear no propio recinto.