Episode Details
Back to Episodes
121. Ollos que non ven...
Description
This is episode 122 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 14 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.
Es dos que te alegras por non saber? Luns, 14 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Volvo coas peaxes, mais esta vez non metafóricas, como no capítulo 117. O outro día chegoume o recibo das peaxes da autostrada. 114€. Moito, pouco? Non sei. En principio quedei contento porque só tiña que pagar uns 20€, xa que os outros eran devoltos debido ás bonificacións de viaxes de ida e volta grazas ao uso do OBE. O gasto fíxeno, de verdade que non o pago? Mais ao non telo que pagar directamente da miña conta fai que pareza que este pagamento non existe. E isto faime pensar en moitos outros pagamentos encubertos, que parecen que non existen, mais que están a engrosar as contas de grandes empresas que realizan traballos e servizos públicos. Penso nun gran hospital con nome de escritor que ten escrito en grande "Hospital Público". Tanto enfatizar o público non ocultará esas peaxes encubertas? E mentres eu contento polos descontos ou pola gratuitade dos servizos. De verdade non o estamos a pagar? Mais, ollos que non ven, xa se sabe.