Episode Details
Back to Episodes
120. Para que serve WhatsApp?
Description
This is episode 121 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 10 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.
Es dos que WhatsAppea a todas horas? Xoves, 10 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. O WhatsApp é moi práctico, mais hai algo que non me deixa cómodo. Acabo de quedar para ir tomar algo. Aquí, alí, Ok. Perfecto. Cumpre o seu labor social. Máis cando as interaccións sobrepasan os tres ou catro intercambios, cando o texto se alonga, que mellor que utilizar o teléfono para falar coa outra persoa. E os audio de voz, que converten as conversas en monólogos? Confúndese con facilidade os diferentes ámbitos, do persoal ao profesional, xerando problemas innecesarios. É só unha pequena consulta! É unicamente un recordatorio para mañá! Quedar con amigos non pode ser a mesma canle de comunicación que compartir algo co teu xefe. Lembreime disto mentres escoitaba como no CNI tamén usan esta mensaxería instantánea. Cousas que pasan!