Episode Details

Back to Episodes
114. 11 pulsacións

114. 11 pulsacións

Episode 115 Published 1 month, 1 week ago
Description

This is episode 115 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 2 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Canto pesan as preocupacións que non te deixan descansar a cabeciña? Mércores, 2 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Non sei se viches o filme 21 gramos, de Alejandro González Iñárritu. O título refírese á crenza que unha persoa, no momento de morrer, perde 21 gramos. Teoría sen base científica que, partiu dun médico estadounidense, que en 1907 defendeu que isto acontecía e que podería ser o peso da alma. As preocupacións, coma outros factores psicolóxicos, inflúen directamente no noso corpo, de xeito que se fala de doenzas psicosomáticas. Non hai que pórse enfermo para se detacar que todas esas preocupacións, emocións, estrés, están a ter un impacto no noso corpo. Corría eu tranquilamente, á beira do mar, mirando os paxaros e controlando as pulsacións co meu reloxio. Foi pórme a pensar en todo iso que se aveciña este mes, e alá se me dispararon, en concreto, 11 pulsacións. Fun consciente, e o pulso volveu baixar. Outra cousa é se as miñas preocupacións pesan pouco ou moito. A cabeciña non para!

Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us