Episode Details
Back to Episodes
98. É un problema ler menos ficción?
Description
This is episode 99 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 11 de xullo de 2026. You can leave text and audio comments at this link.
Sábado, 11 de xullo. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Leo menos tempo, e o que menos leo son obras de ficción. Non sei en que momento concreto asociei ler novelas con perder o tempo, así ocuoei todo o tempo dedicado á lectura con ensaios e obras de non ficción. É mira que lía moito, e o meu gusto pola historia comezou na lectura de novelas históricas, desde que un día caeu nas miñas mans Sinuhé el Egipcio ou cando descubrín a Gore Vidal. Creo que foron as series as que encheron ese oco, aínda que teño que recoñecer que non é o mesmo. A ficción mantívena coa escusa de practicar outros idioma, o que me deu a oportunidade de coñecer Normal People, de Sally Rooney, ou que practicamente case todo o que lea estea en francés (persiste a busca do pracer, mais sempre mediatizado por algo produtivo). Escoitei hoxe nun podcast que unha novela nos permíte entrar na cabeza dunha ou varias personaxes, e iso é o que fai que se aprenda de algo realmente. Que teño na miña mesa de noite? La vegetarienne, de Han Kang, Hai versión en galego, de Rinoceronte Editora.