Episode Details

Back to Episodes
94. As Womansplainers

94. As Womansplainers

Episode 95 Published 3 months, 1 week ago
Description

https://podgalego.agora.gal/as-womansplainers/

Martes, 7 de xullo. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Ola, benvidas señoras e señoros en vías de rehabilitación. O podcast das señoras que máis forte opinan do podgalego. Mais ou menos, así comeza o podcast As Womansplainers, que me achegan cada mes a temas varios desde a perspectiva de "señoras que explican cousas". A través del descubrín a existencia dun termo, MANSPLAINING, que descrebe esa coñecida situación que se dá cando un home explícalle a unha muller, como se esta fose parva ou ignorante, calquera tema, porque el, coma home, claro que entende. Non me sinto identficado, mais non digo que non o fixera (ou faga) ás veces. Nesta sociedade que nos tocou vivir, malia que coste aceptalo, teño moito de señoro en vías de rehabilitación. Por exemplo, o meu mundo do podcasting é tremendamente masculino. Non hai como mirar o meu historial de escoitas. Sorte con poder contar con podcasts como As Womansplainers, que desde 2021 me aprenden cousas, cunha perspectiva ben necesaria para o mundo que me rodea.

Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us