Episode Details

Back to Episodes
Marta Tafalla: Deixar de comer animais

Marta Tafalla: Deixar de comer animais

Published 4 weeks, 2 days ago
Description
Aula Castelao Filosofía Marta Tafalla (Barcelona, 1972) é doutora en Filosofía e profesora na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa liña de investigación consiste en estudar as nosas relacións coas demais especies. Os seus últimos libros son: Ecoanimal. Una estética plurisensorial, ecologista y animalista (2019), Filosofía ante la crisis ecológica (2022) e Paradojas de la experimentación en animales (2025), os tres publicados en Plaza y Valdés. Tamén é autora das novelas La biblioteca de Noé (Herder, 2006) e Nunca sabrás a qué huele Bagdad (UAB, 2010). A pregunta de se é moralmente correcto que os seres humanos nos comamos os demais animais xa a formulaban os filósofos da Antiga Grecia, así coma tamén os pensadores doutras tradicións antigas coma o budismo e o xainismo. Ao longo dos séculos, un número considerábel de filósofos, así coma intelectuais procedentes de diversas disciplinas, articularon razóns éticas para absterse do consumo de animais. Estas razóns referíanse, sobre todo, ao sufrimento dos animais e ao desexo de acadar unha convivencia máis amábel coas demais criaturas coas que compartimos este planeta. Porén, actualmente, a investigación científica arredor da crise ecolóxica ofrece razóns novas. Agora entendemos que o feito de que a maioría dos membros da nosa especie leve unha dieta baseada en animais, tendo en conta que a nosa especie posúe unha poboación moi elevada, ten consecuencias negativas para as demais especies, o funcionamento dos ecosistemas e o clima. Cada vez máis científicos están afirmando que un cambio colectivo cara a dietas veganas é unha das estratexias máis eficaces para frear a crise ecolóxica.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us