Episode Details
Back to Episodes
Esta semana en Músicas de Ferrolterra a naronesa Manu Fraguela presenta as suas músicas. Hoxe:Pasodobre de Brañas Verdes
Published 5 months ago
Description
O panorama da música tradicional galega dálle a benvida a Brixela, un novo proxecto que presenta o seu primeiro traballo discográfico, «Filigrana», unha proposta que une a música de raíz co patrimonio da ourivería tradicional galega. O grupo está formado por Pedro Díaz (voz e pandeireta), Xan Pampín (acordeón e bombo) e a naronesa Manuela Fraguela, á zanfona, tres artistas unidos polo seu vínculo coa tradición musical de Galicia e doutras culturas.
O disco afonda no simbolismo das xoias tradicionais, entendidas non só como elementos estéticos, senón como amuletos, memoria familiar e recurso de supervivencia. Cancións como “A Venera” ou “Pacto Recto” recuperan historias de desamor, usura e legado, mentres outras pezas abren espazos á esperanza e á transmisión xeracional. Cunha posta en escena sinxela e emotiva, Brixela propón unha viaxe sonora entre emoción, historia e identidade galega.