Episode Details

Back to Episodes

19. Martes en loita(o) polo ensino público

Episode 20 Published 5 months, 2 weeks ago
Description

This is episode 20 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 21 de abril de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Martes 21 de Abril, son José Antonio e isto é Conxeturas. O seu novo martes enloita polo ensino aquí en Galicia. É unha iniciativa na que participo que está promovido por parte das Asambleas Abertas do Ensino Público. Neste curso surdiu este espazo, un espazo asambleario entre o profesorado que surdiu dendabaixo dentro dos propios claustros de cada centro docente. É un espazo de participación activa para todo o profesorado que ve urxente actuar ante o deterioro progresivo da educación pública. Os martes enloito polo ensino público son un seito de visibilizar as demandas non só dos profesionais do ensino, senón de toda a comunidade educativa, da necesidade de invertir dotando de recursos un ensino público que está a sufrir o abandono por parte dos responsables políticos. Non sei se algunha vez houbo excusas para a mobilización, mas agora é o momento.

Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us