Episode Details

Back to Episodes
A Igrexa de Dores une arquitectura e música no acto do COAG Ferrol polo Día dos Monumentos e Sitios

A Igrexa de Dores une arquitectura e música no acto do COAG Ferrol polo Día dos Monumentos e Sitios

Published 5 months, 2 weeks ago
Description
A Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) conmemorará este sábado 18 de abril o Día Internacional dos Monumentos e Sitios cunha proposta que une patrimonio, arquitectura e música. Baixo o título “O lugar de culto como espazo de encontro das artes”, a recentemente restaurada Igrexa de Dores acollerá ás 20:00 horas un concerto do Coro de Cámara AntiQvorum, referente galego na interpretación de música antiga. A través dun percorrido pola música coral e polifónica, o espectáculo evocará a evolución da arquitectura relixiosa desde o románico ata a Ilustración. Organizado xunto á Diocese de Mondoñedo-Ferrol, coa produción de Iris Producións e o patrocinio de Pimfer, o evento contará con entrada libre e gratuíta ata completar aforo, con inscrición previa para control de acceso.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us