Episode Details

Back to Episodes
Dúas voces protagonistas en Radio Voz, Chelo Loureiro co seu 5ª Goya, e María Manuela co galardón do 8M do Concello

Dúas voces protagonistas en Radio Voz, Chelo Loureiro co seu 5ª Goya, e María Manuela co galardón do 8M do Concello

Published 5 days, 3 hours ago
Description
O programa “Voces de Ferrol”, dirixido por Isidoro Valerio en Radio Voz, reuniu hoxe dúas referentes da cultura ferrolá: Chelo Loureiro, que vén de acadar o seu quinto Premio Goya, e María Manuela, homenaxeada polo Concello de Ferrol co Galardón 8M pola súa traxectoria artística e compromiso coa igualdade. A entrega do recoñecemento terá lugar este domingo no Teatro Jofre, nunha gala que pon en valor o papel das mulleres na sociedade. María Manuela confesou sentirse “feliz e sorprendida” por un premio que nunca agardou, mentres Loureiro destacou que a homenaxe é “máis que merecida”. Ambas compartiron lembranzas da súa colaboración en Valentina, filme tamén recoñecido nos Goya, así como anécdotas da recente gala do cinema español. A conversa puxo en valor dúas traxectorias exemplares que levan o nome de Ferrol por bandeira.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us