Episode Details

Back to Episodes
Laura Llevadot: Contribución a unha teoría non depresiva da depresión

Laura Llevadot: Contribución a unha teoría non depresiva da depresión

Published 10 months, 1 week ago
Description
Aula Castelao Filosofía Contribución a unha teoría non depresiva da depresión. Desexo e melancolía no capitalismo neoliberal Laura Llevadot i Pascual Laura Llevadot i Pascual é profesora de Filosofía Contemporánea na Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona (UB), onde coordinou o máster de Pensamento Contemporáneo e Tradición Clásica (2015-2022). Centrou o seu labor investigador no pensamento político contemporáneo, especialmente no posestruturalismo francés, e destaca o seu coñecemento de figuras como Jacques Derrida ou Søren Kierkegaard. Sobre estas cuestións, destacan publicacións como Filosofías post-metafísicas, 20 anos de filosofía francesa contemporánea (2012) e Kierkegaard Throug Derrida (EUA, 2013). Tamén foi a impulsora e directora das dúas primeiras edicións do Festival de Filosofía Barcelona Pensa. Actualmente dirixe a colección de ensaio «Pensamento político postfundacional», da editorial Gedisa, da que asinou o volume Jacques Derrida: democracia e soberanía (Gedisa, 2020). As súas últimas publicacións son A miña ferida existía antes que eu. Feminismo e crítica da diferenza sexual (Tusquets, 2022) e 4227 suïcidis no exemplars. Desig i melancolia al capitalisme neoliberal (HyO Ed., 2025). A partir da afirmación de Bifo Berardi segundo a que necesitamos «unha teoría non depresiva da depresión», e tendo en conta os altos índices de suicidio e enfermidade mental nas sociedades contemporáneas, propóñome explorar a categoría de desexo e dos seus usos no pensamento contemporáneo (Deleuze, Baudrillard, Fisher), así como o seu reverso, a melancolía, a partir de Freud, Kristeva e Derrida, co fin de tratar de comprender e politizar o malestar actual.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us