Episode Details

Back to Episodes
Brais González Arribas: entonar una ontoecología relacional

Brais González Arribas: entonar una ontoecología relacional

Published 10 months ago
Description
Aula Castelao Filosofía Brais González Arribas é doutor en Filosofía (UNED) e profesor da área de Filosofía da Universidade de Vigo, onde co-dirixe o Grupo de Investigación “Ontoloxías da diferenza. Fundamentos teóricos e repercusións prácticas”. É tamén profesor-titor na UNED da Coruña, investigador da Cátedra Internacional de Hermenéutica Crítica (HERCRITIA) e investigador dos proxectos “Interseccións post-humanas nas literaturas irlandesa e galega” e “Boas prácticas para unha cidadanía dixital crítica en Educación Infantil”. Entre as súas publicacións destacan os libros: -Postmodernidad: J.F. Lyotard y Gianni Vattimo (xunto a Teresa Oñate, Batiscafo, 2015) -Reduciendo la violencia: la hermenéutica nihilista de Gianni Vattimo (Dykinson, 2016) -Sobre a eutanásia (Através, 2018) -Venir a menos. Crítica da razón nihilista (Axoúxere (galego) e Catarata (castelán) 2019) -Transhumanismo: tecnociencias e antropotecnias (Euseino?, 2021) -Pensamento, sociedade e cultura. A importancia da filosofía na educación (xunto a Abraham Rubín, 2024). Así mesmo, ten publicados máis de 30 artigos en revistas especializadas e participou en varios libros de autoría colectiva, coordinando as obras: Por una postmodernidad alternativa: desplazando al neoliberalismo (UNED, 2019) -La fuerza del pensamento débil (Dykinson, 2024) Nesta conferencia preséntanse os principais elementos teóricos que constitúen a ontoloxía da entoación, unha concepción da realidade relacional e nihilista que rompe coas categorías fixas da modernidade hexemónica. A partir deste marco, explóranse as súas principais consecuencias prácticas, especialmente aquelas que fan posíbel conformar unha filosofía práctica ecoloxista. Esta proposta reformula a nosa relación co mundo non humano desde a apertura á alteridade, a interdependencia, a cocreación e a axencia distribuída. Dende estas coordenadas, tamén se propón unha posición ética baseada no equilibrio, no coidado, na non violencia e na colaboración entre entidades, principios cos que se pretende facer fronte á crise ecolóxica actual.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us