Episode Details
Back to Episodes
O Brión Folk Festival 1800 súmase por primeira vez á recreación da histórica Batalla de Brión
Published 9 months, 1 week ago
Description
O Brión Folk Festival 1800, organizado polo grupo Lenda Ártabra, celebra este ano a súa primera edición au sumarse á recreación da histórica Batalla de Brión, na que os veciños da parroquia se ergueron para defender Ferrol fronte ao ataque das tropas inglesas no ano 1800. A cita terá lugar os días 22, 23 e 24 de xuño, cunha programación que mestura música tradicional, memoria histórica, foliada e participación veciñal.
A iniciativa, impulsada por Lenda Ártabra en colaboración coa Asociación de Veciños de Brión e outras entidades locais, busca reivindicar a identidade cultural galega a través dunha combinación única de historia viva, sons de raíz e festa comunitaria. O Brión Folk Festival 1800 chega para celebrar a música, a historia e a memoria colectiva dun pobo que loitou unido. Organizado por Lenda Ártabra, o festival é unha homenaxe á identidade galega a través do folclore, da participación cidadá e do orgullo comunitario. Unha cita para gozar, lembrar e compartir.