Episode Details

Back to Episodes
Esta semana, en Músicas de Ferrolterra, presentamos Hora Zulú, o novo disco do grupo ferrolán Böj. Hoxe: Canónigos

Esta semana, en Músicas de Ferrolterra, presentamos Hora Zulú, o novo disco do grupo ferrolán Böj. Hoxe: Canónigos

Published 9 months ago
Description
Esta semana, en Músicas de Ferrolterra, presentamos o novo disco publicado o pasado sábado polo grupo ferrolán Böj. O álbum titúlase Hora Zulú e está composto por 11 temas. Foi estreado en plataformas dixitais ese mesmo día. Felicitamos ao grupo por lograr, grazas a unha exitosa campaña de micromecenazgo e ao apoio do seu público, facer posible a edición de Hora Zulú. Desde os seus inicios, contan co respaldo da súa audiencia, que foi clave para superar o obxectivo económico exposto. Actualmente, o grupo está formado por Ricardo Mouriño, Fausto Escrigas, Rubén Gómez e Pablo Vergara, e en Hora Zulú contan coa colaboración de artistas como María Jorge, Óscar Fernández, Cibrán Seixo, Luis Peixoto, Matthew Ward e Anxo Lorenzo. Hora Zulú é o seu segundo disco, e espérase que a edición física estea dispoñible nos próximos días
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us