Episode Details

Back to Episodes
Ferrol e o Foro Cidadán polo Ferrocarril traballan nunha declaración unitaria para esixir a modernización do tren

Ferrol e o Foro Cidadán polo Ferrocarril traballan nunha declaración unitaria para esixir a modernización do tren

Published 9 months ago
Description
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá na Casa do Concello cos voceiros dos grupos municipais e representantes do Foro Cidadán polo Ferrocarril co obxectivo de abordar a situación actual do transporte ferroviario na comarca e consensuar as medidas que deben esixirse ao Goberno central para a súa modernización. O encontro contou coa participación de Francisco Javier Montero Dongil (Ateneo Ferrolán), Gregorio Bermejo Verdejo (xubilado ferroviario), Armando Lema Hortas (Asociación Ferrolterra Amigos del Ferrocarril), Roberto Taboada Fernández (AVV Canido), e Fernando Ramos Armesto e Esperanza Piñeiro de San Miguel (Club de Prensa Ferrol), aos que o alcalde agradeceu a súa implicación “nun asunto de vital importancia para o futuro da cidade”. Durante a reunión, os asistentes acordaron traballar nunha declaración conxunta de unidade que incluirá propostas concretas para a mellora do ferrocarril, cun cronograma, orzamento estimado e prezos orientativos. Ademais, estableceron como prioridade inmediata reivindicar o aumento de trens e frecuencias, mellorando así a conectividade da cidade coa súa contorna e o resto de Galicia. A xuntanza rematou co compromiso de manter unha colaboración activa entre o Concello, o Foro e outras entidades interesadas, así como coa convocatoria dunha nova reunión para o xoves 19 de xuño ás 17:00 horas, onde se continuará avanzando nesta estratexia común.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us