Episode Details

Back to Episodes
A Universidade da Coruña celebra en Ferrol dende este xoves o 10º Aniversario dos Proxectos de Aprendizaxe e Servizo

A Universidade da Coruña celebra en Ferrol dende este xoves o 10º Aniversario dos Proxectos de Aprendizaxe e Servizo

Published 8 months, 3 weeks ago
Description
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol será o escenario, este xoves 12 de xuño a partir das 10:00 horas, do acto de conmemoración do 10º aniversario dos Proxectos de Aprendizaxe e Servizo (ApS) da Universidade da Coruña (UDC). A xornada busca recoñecer o labor de todas as persoas e entidades que colaboraron co programa ao longo da última década a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) e o Centro Universitario de Formación e Innovación Docente (CUFIE). Durante estes dez anos, puxéronse en marcha 268 proxectos que implicaron a 8.681 estudantes, 235 docentes e 159 entidades sociais, segundo destacou a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares. Os proxectos abordaron áreas tan diversas como a enxeñaría, as ciencias sociais, a saúde, as artes e o medio ambiente, sempre combinando a aprendizaxe académica coa prestación dun servizo á comunidade. O acto incluirá a conferencia inaugural da vicerreitora, a proxección dun vídeo conmemorativo, unha exposición con preto de 100 pósters sobre proxectos desenvolvidos, unha feira con 17 entidades sociais participantes e a entrega dos IV Premios a Proxectos de Innovación Docente en ApS. A celebración contará tamén con actuacións musicais a cargo de artistas locais, incluídas a voz de Lara de la Iglesia, o acordeonista Joaquín Enríquez, e as intérpretes xuvenís Sabela Castro e Xiana Ruíz.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us