Episode Details
Back to Episodes
Ferrol Impulsa o seu futuro Museo coa charla "Tecer a memoria. Os museos, ferramenta para construír a comunidade local"
Published 8 months, 2 weeks ago
Description
Ferrol prepárase para a creación do seu futuro museo local. Este xoves, ás 19:30, o Torrente Ballester acollerá a conferencia "Tecer a memoria. Os museos, ferramenta para construír a comunidade local", impartida por Manuel Gago, profesor da USC e membro do Consello da Cultura Galega. Organizada pola asociación Amigos do Museo Cidade de Ferrol, esta charla explorará o papel dos museos como ferramentas para cohesionar a comunidade e divulgar a identidade local, mostrando exemplos internacionais e salientando o éxito da exposición "Ferrol no tempo".