Episode Details

Back to Episodes
"Solpores en Canido" arranca este sábado os seus concertos para dar visibilidade aos artistas do selo Ferror Records

"Solpores en Canido" arranca este sábado os seus concertos para dar visibilidade aos artistas do selo Ferror Records

Published 8 months, 2 weeks ago
Description
O ciclo de concertos "Solpores en Canido", organizado por Ferror Records, comeza este sábado 21 de xuño a súa quinta edición. Cun cartel deseñado pola ferrolá Elga Fernández Lamas, o evento ofrecerá concertos gratuítos e sesións de DJ nun formato íntimo e relaxado no Centro Cívico de Canido. O ciclo, que se estenderá ata setembro con citas o 19 de xullo, 16 de agosto e 20 de setembro, busca visibilizar artistas da vangarda galega e impulsar a escena musical local. "Solpores en Canido" conta co financiamento do Concello de Ferrol e o apoio da Asociación Veciñal de Canido, consolidándose como un referente cultural que cada ano atrae máis público.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us