Episode Details
Back to Episodes
Sole Felloza presenta o Festival Atlántica 2025 que trae a catro concellos da comarca, contos, emoción e tradición oral
Published 8 months, 1 week ago
Description
O Festival Atlántica, referente internacional da narración oral, celebra este 2025 a súa 13ª edición cunha programación que aposta pola innovación, o diálogo entre xeracións e o impulso ao talento novo. Hoxe conversamos con Sole Felloza, a súa directora artística, sobre as actividades previstas na comarca de Ferrol.
Ferrol, Mugardos, Cedeira e A Capela serán escenario de espectáculos que combinan contos, música, roteiros e experiencias compartidas ao redor da palabra. O festival busca non só entreter, senón tamén conectar coa identidade galega e coas emocións colectivas a través da tradición oral, mantendo vivo un xeito de comunicar tan antigo como actual.