Episode Details

Back to Episodes
O Festival do Río Castro celebra os seus 30 anos cunha xornada de música, tradición e humor en Narahío

O Festival do Río Castro celebra os seus 30 anos cunha xornada de música, tradición e humor en Narahío

Published 8 months ago
Description
O emblemático Festival do Río Castro celebra mañá, sábado 5 de xullo, a súa 30ª edición, consolidándose como unha das citas máis queridas do verán galego e exemplo vivo da recuperación das antigas romarías populares. A festa desenvolverase, como é tradición, no espazo da Bóla, xunto á ponte románica da Ferrería, un entorno natural e patrimonial privilexiado. A programación arrincará ao redor das 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo de Sérralhe aí!, que volven subir ao escenario do festival como un dos grupos emblemáticos da cita. Durante o xantar, Manolo Maseda e Roberto Grandal —quen xa participaron no 25 aniversario— volverán poñer música e ambiente ao mediodía. Xa pola tarde, será a quenda para os máis pequenos co inicio dos xogos tradicionais, e ás 18.00 horas chegará un dos momentos máis esperados para o público infantil: a actuación do pallaso Peter Punk, outro vello coñecido do festival, que combinará risas con mensaxes de concienciación social. Unha vez rematada a súa actuación, o protagonismo pasará aos deportes rurais para adultos, unha proposta que mestura tradición, diversión e participación veciñal. Os concertos nocturnos comezarán con Vai Rañala Meu!, agrupación con sede no centro social de Sedes e composta por músicos da comarca, que traerán un repertorio cargado de temas recoñecibles interpretados con gaitas, acordeón, clarinete, saxo, percusión e voces, prometendo facer bailar ao público ata ben entrada a noite. Con este completo programa, o Festival do Río Castro reafirma o seu compromiso coa cultura popular, o encontro interxeracional e o goce da música e tradicións galegas nun marco natural incomparable.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us