Episode Details
Back to Episodes
Hablamos con las dos alumnas becadas con las "Bolsas de Verán do Campus Industrial de Ferrol" en este curso 2024/25
Published 8 months ago
Description
Irene Rodríguez Ríos, estudante do Máster en Enxeñaría en Deseño Industrial, e Arlene Dámera Figueredo, alumna do Máster en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade, foron seleccionadas na terceira convocatoria das Bolsas de Verán do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) para o curso académico 2024/25.
Ambas iniciaron as súas prácticas o pasado martes 1 de xullo e desenvolveranas ata o 30 de setembro, cun total de 200 horas cada unha. Durante este período, recibirán unha axuda económica mensual de 523,17 euros. Esta iniciativa ten como obxectivo achegar ao alumnado do último curso de grao ou de máster á actividade investigadora nos ámbitos da enxeñaría, deseño, sustentabilidade ou eficiencia enerxética.
Irene Rodríguez Ríos, da Escola Universitaria en Deseño Industrial (EUDI), está a levar a cabo unha investigación sobre a evolución das técnicas de representación visual, desde o debuxo a man alzada ata as tecnoloxías dixitais actuais e o uso da intelixencia artificial na xeración de imaxes. Acompañada por Cristina Prado Acebo, investigadora do grupo de Historia da Arquitectura da UDC, o seu estudo analizará como estas técnicas inflúen na creatividade e na súa aplicación en contextos educativos e profesionais.
Pola súa parte, Arlene Dámera Figueredo, da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), centra a súa investigación na produción sostible de hidróxeno verde a partir de fontes renovables como a enerxía solar e a eólica mariña. Xunto a Laura Castro Santos, investigadora do grupo MARES (Materials and Renewable Energy for Engineering, Environment and Sustainability) do CITENI, busca identificar puntos críticos na cadea de produción e propor estratexias de mellora ambiental.
A convocatoria forma parte do compromiso do Campus Industrial de Ferrol coa formación práctica e a innovación, ofrecendo ao estudantado a oportunidade de colaborar con grupos punteiros en áreas como a robótica, os materiais, a enxeñaría naval e offshore, a xestión e optimización de procesos industriais ou o desenvolvemento de produto.