Episode Details
Back to Episodes
Ferrol acolle este sábado unha nova cita musical do ciclo "Solpores de Canido" no centro cívico do barrio
Published 7 months, 3 weeks ago
Description
Este sábado 19 de xullo, o barrio ferrolán de Canido será escenario da segunda cita do ciclo musical Solpores, que celebra a súa quinta edición co impulso de Ferror Records, o apoio da Asociación Veciñal de Canido e o Concello de Ferrol. O evento desenvolverase no Centro Cívico de Canido a partir das 20:00 horas, cunha programación marcada pola diversidade sonora e o talento galego.
Abrirá a xornada BELISH, proxecto de electrónica emocional liderado por Enric Pellicer, nado en Santiago a principios de 2024. O seu primeiro álbum, Un Grito de Amor (2025), foi moi ben recibido pola súa frescura e sensibilidade.
Ás 21:00, subirá ao escenario FRENCH RIVIERA, alter ego de David Fermoselle, cun directo cheo de sintetizadores, funk e esencia oitenteira.
Pechara a noite BOLD G, DJ compostelá e cofundadora da festa queer Tr3mor, cunha sesión vibrante que mestura pop e electrónica.