Episode Details

Back to Episodes
Felicia Pop 2025 regresa a Limodre do 31 de xullo ao 2 de agosto con tres días de música e bo ambiente

Felicia Pop 2025 regresa a Limodre do 31 de xullo ao 2 de agosto con tres días de música e bo ambiente

Published 7 months, 3 weeks ago
Description
O festival Felicia Pop 2025, un dos máis veteranos de Galicia, celebrarase en Limodre do 31 de xullo ao 2 de agosto, cun cartel ecléctico que mestura talento local, nacional e internacional. A súa 27ª edición arrinca o xoves na Escola de Limodre con Ulex & Allo Negro, banda de soul encabezada por unha potente voz feminina. O venres 1 de agosto, xa no parque da Hortinha, será a quenda de Pava, liderada pola poeta e música Lucía Aldao, xunto con MPSTK ( Mega Purple Sex Hoy Kit), Hey Hematoma –con membros históricos de Siniestro Total como Miguel Costas–, e o trío aragonés Los Bengala, que pecharán a noite. O sábado 2 chega a traca final coa sesión vermú con Familia Caamagno, e pola noite a banda madrileña Cometa, os holandeses Moon con psicodelia sesenteira, e a gran aposta internacional: The Optic Nerve, mítica banda de garage de Nova York. O peche corre a cargo dos divertidos Los Mejillones Tigre, de Jaén. O festival, organizado pola Asociación Cultural Felicia desde 1998 (excepto no ano da pandemia), ofrece concertos de balde, ambiente familiar e DJs tras cada noite de música. Segundo Nico Vidal, o evento mantén o seu espírito independente, malia coincidir con outras propostas como o Perlío Mural Fest: “Hai sitio para todos, pero as datas deberan coordinarse mellor”.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us