Episode Details
Back to Episodes
Valdoviño convida a mirar o ceo en Vilarrube esta noite con música en directo e charla astronómica de Paulino Gasalla
Published 7 months, 2 weeks ago
Description
O Concello de Valdoviño organiza este mércores unha noite especial na praia de Vilarrube. A actividade, gratuíta e sen inscrición previa, comezará ás 22:00 horas no bar A Explanada cun concerto da cantante Aixa Romay e o guitarrista Paul Álvarez. Tras a actuación, Paulino Gasalla ofrecerá unha observación comentada do ceo, centrada nas estrelas e constelacións, e reflexionará sobre a contaminación lumínica e a importancia de preservar a calidade do ceo nocturno. Recoméndase levar prismáticos para desfrutar mellor da experiencia.