Episode Details

Back to Episodes
Este verán, salva vidas con xenerosidade: a túa doazón de sangue é vital para centos de pacientes en Galicia

Este verán, salva vidas con xenerosidade: a túa doazón de sangue é vital para centos de pacientes en Galicia

Published 7 months, 2 weeks ago
Description
Hoxe, coma todos os días, moitas persoas están ingresadas nos hospitais galegos agardando por unha transfusión de sangue. Enfrontan operacións cirúrxicas, transplantes, tratamentos contra o cancro ou consecuencias graves de accidentes ou hemorraxias. Todas elas teñen algo en común: necesitan sangue para sobrevivir. No verán, as doazóns de sangue adoitan descender, mentres que as necesidades seguen constantes ou incluso aumentan. As vacacións, as altas temperaturas ou o cambio de rutinas fan que moitas persoas esquecen un xesto tan sinxelo como salvar vidas. A solidariedade está dentro de ti. Doa sangue. Cada día fan falta preto de 500 doazóns de sangue en Galicia para garantir que todos os pacientes reciban o tratamento que precisan. Por iso, dende o Servizo Galego de Saúde (Sergas) anímase á cidadanía a colaborar. É doado: podes doar en unidades móbiles que percorren os concellos galegos ou acudir a calquera dos sete puntos fixos de doazón nas principais cidades. Se tes dúbidas, queres saber cando estará a unidade móbil no teu concello ou desexas facer unha suxestión, podes contactar en: Web: ados.sergas.gal Teléfono gratuíto: 900 100 828 Neste verán, ti podes facer a diferenza. Unha doazón pode salvar ata tres vidas. Non o deixes para mañá. Doa sangue hoxe.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us