Episode Details
Back to Episodes
O Banco de Reciclaxe Electrónica do Campus de Ferrol convida a dar unha segunda vida a ordenadores, monitores, radios...
Published 6 months, 1 week ago
Description
O Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre do Campus Industrial de Ferrol, promovido pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC xunto co Programa Green Campus e Enxeñaría Sen Fronteiras, leva recuperados 15 ordenadores que xa foron entregados a persoas con baixos recursos, así como a entidades sociais como o Centro de Recursos Solidarios de Narón, ALCER e a Fundación Amigó de Lugo.
Ademais de equipos informáticos, tamén deron unha segunda vida a monitores, radios ou mesmo pequenos electrodomésticos. O proxecto, segundo espazo destas características da Universidade da Coruña, busca fomentar o software libre, reducir residuos e loitar contra a fenda dixital.