Episode Details
Back to Episodes
A A.VV. de Canido presenta a programación 2025-26 con máis de 30 actividades culturais, deportivas e creativas
Published 6 months ago
Description
A Asociación Veciñal de Canido, en colaboración con distintos colectivos da rede intrabarrial, vén de presentar a programación de actividades para o curso 2025-26, cunha oferta ampla e diversa pensada para todas as idades. As propostas desenvolveranse principalmente en dous espazos: o local da SRyD Canido e o Centro Cívico.
A axenda inclúe música e danza (acordeón, batucada, percusión, baile galego, salsa, bachata, lindy hop, sevillanas, jazz ou flamenco); deporte e saúde (fútbol base, capoeira, pilates, ioga, hipopresivos, exercicio terapéutico, ximnasia de mantemento, adestramento funcional ou mindfulness); idiomas e aprendizaxe (inglés infantil, italiano, xaponés, escritura en movemento); e artes e creatividade (macramé, cestería, calceta, ganchillo, bordado, palillos e teatro para todas as idades).
A preinscrición xa está aberta a través da web www.avcanido.org. Con esta programación, a asociación e as entidades intrabarriais consolidan o seu compromiso coa dinamización comunitaria, apostando por unha oferta accesible, interxeracional e aberta a todo o mundo, co apoio do Concello.