Episode Details

Back to Episodes
O voluntariado de Ferrolterra participa este domingo na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos nos concellos da comarca

O voluntariado de Ferrolterra participa este domingo na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos nos concellos da comarca

Published 5 months, 2 weeks ago
Description
Este domingo, 21 de setembro, o voluntariado ambiental galego ten unha cita cos ríos do país. A XVIII Limpeza Simultánea de Ríos, impulsada pola organización ecoloxista ADEGA a través do seu Proxecto Ríos, celebrarase nesta edición nun total de 51 concellos de toda Galiza, cunha participación de case 70 entidades, entre asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas ou centros de ensino. Moitas delas participan de xeito habitual e outras súmanse por primeira vez a esta iniciativa. Baixo o lema “Móllate polos ríos”, estas limpezas mobilizan cada ano centos de persoas voluntarias que desenvolven unha acción colectiva e de concienciación social ao pé dos ríos, co obxectivo de contribuír á súa limpeza. Calquera persoa interesada pode participar contactando coas entidades organizadoras locais. Entre os concellos que se suman este ano destacan os da Comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, como Ares, As Pontes, Cedeira, Narón, Fene, ou San Sadurniño
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us