Episode Details
Back to Episodes
O Real Coro Toxos e Froles inaugura o curso 25-26 das súas escolas e celebra o III Festival Outras Músicas Tradicionais
Published 5 months, 2 weeks ago
Description
A axenda do coro arranca este mércores, 24 de setembro, coa presentación das súas Escolas do Toxos para o curso 2025/26. O evento terá lugar ás 20:00 horas na primeira planta do local social do coro, situado na Rúa Magdalena, 220. Esta xornada marca o inicio dun novo ano académico para os alumnos da histórica agrupación ferrolá, consolidando o seu labor no ensino e difusión da cultura tradicional.
III Festival Outras Músicas Tradicionais
O broche de ouro da semana será o sábado, 27 de setembro, co III Festival Outras Músicas Tradicionais. A partir das 20:00 horas, o escenario do Auditorio de Ferrol acollerá unha velada de música e folclore cun cartel de luxo.
Ademais do anfitrión, o Real Coro Toxos e Froles, o festival contará coas actuacións do Rancho Infantil do Rancho da Praça e dos recoñecidos artistas Fransy González e Davide Salvado. A entrada ao festival é totalmente de balde e poderase recoller na billeteira do Teatro Jofre.
Este evento, que celebra xa a súa terceira edición, consolidouse como unha cita de referencia para os amantes da música tradicional, ofrecendo unha oportunidade única de gozar do talento local e convidado nun mesmo escenario.