Episode Details
Back to Episodes
Valdoviño celebra o Día da Bicicleta este domingo 28 de setembro con percorrido familiar no entorno das Forcadas
Published 5 months, 2 weeks ago
Description
Valdoviño prepárase para acoller o próximo domingo 28 de setembro unha nova edición do Día da Bicicleta, organizado por RadioVoz Ferrol. A saída e a meta estarán situadas no campo de fútbol Juan Sabín – O Lameiro (Vilaboa).
O percorrido, de 11 quilómetros, transcorre polas parroquias de Loira e Vilaboa, en paralelo ao encoro das Forcadas, e está deseñado para ser disfrutado en familia, promovendo a actividade física e hábitos saudables entre a veciñanza.
A participación é gratuíta, aínda que require inscrición previa. Os interesados poderán rexistrarse na casa consistorial (de luns a venres, de 9 a 14 h), na delegación de La Voz de Galicia e RadioVoz Ferrol (rúa Manuel de Cal 4, Ferrol), ou directamente o día do evento, entre as 11:00 e as 11:30 h no punto de saída.
Como novidade, realizarase un sorteo de agasallos entre todas as persoas participantes. A actividade conta co patrocinio de Cooperativa de Vilaboa, Cándido Hermida, Proymel e Eroski, e coa colaboración de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil para garantir a seguridade do evento.
O Día da Bicicleta de Valdoviño forma parte da nova temporada dos Días da Bicicleta de RadioVoz Ferrol, un programa destinado a promover o deporte, a vida saudable e a participación cidadá en actividades ao aire libre.