Episode Details

Back to Episodes
En Canido analízase o encarecemento da vivenda, a xentrificación e as dificultades para acceder a un alugueiro

En Canido analízase o encarecemento da vivenda, a xentrificación e as dificultades para acceder a un alugueiro

Published 5 months, 1 week ago
Description
O pasado venres o arquitecto Ramón Montero Cereijo foi o protagonista dunha nova cita do ciclo “O Barrio é Noso”, organizada pola Asociación Veciñal de Canido e Intrabarrial, en colaboración coa asociación sociocultural Muíño do Vento. O acto, celebrado no centro cívico do barrio, contou cunha ampla participación veciñal e centrouse na problemática da vivenda en Canido, unha preocupación crecente entre os seus habitantes. Montero, especialista en edificación, rehabilitación e xestión de proxectos, ofrecéu un análise en profundidade sobre as razóns do aumento dos prezos, os síntomas dunha posible burbulla inmobiliaria, así como os procesos de xentrificación e turistificación que, segundo explicou, están a influír directamente no encarecemento da vivenda. Ademais, abordouse a dificultade de acceder a un aluguer asequible no barrio, un problema que afecta especialmente á poboación máis nova. O presidente da AVV Canido, Roberto Taboada, destacou a importancia de abrir espazos de debate como este ciclo para visibilizar as necesidades do veciñado e buscar solucións conxuntas.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us