Episode Details
Back to Episodes
SECCIÓN TIC: Cursos de tecnoloxía en Pontedeume e Ferrol: IA, ciberseguridade, impresión 3D e máis
Published 5 months, 1 week ago
Description
O Centro de Formación en Novas Tecnoloxías ITagen Ata pon en marcha unha ampla oferta de cursos en Pontedeume e Ferrol, destinada a fomentar a alfabetización dixital, a creatividade e a formación tecnolóxica en diferentes perfís, desde persoas adultas ata mocidade.
Entre os cursos presenciais da Aula CEMIT en Pontedeume destacan: IA e ChatGPT, uso do móbil e alfabetización dixital para persoas adultas, trámites electrónicos online, realidade virtual e impresión 3D e actividades de creatividade e tecnoloxía para a mocidade. Todas as formacións son gratuítas ou de acceso facilitado, e contan con prazas limitadas, polo que se require inscrición previa a través do formulario dispoñible en tagenata.com/formulario/43c ou contactando co teléfono 881 939 142 para dúbidas e información adicional.
Ademais, a oferta inclúe cursos online a través de COFER, entre os que destacan:
Ferramentas dixitais e ciberseguridade (20 h): O curso aborda conceptos esenciais de cloud computing, creación e optimización de documentos PDF con software libre e prácticas básicas de ciberseguridade, incluíndo medidas para protexer dispositivos e redes.
Marketing e presenza dixital (30 h): Formacion sobre deseño de páxinas web para pequenas empresas, xestión segura das redes sociais e fundamentos do comercio electrónico e aspectos legais asociados.
Segundo os responsables de Tagen Ata, a formación busca dotar á cidadanía de coñecementos prácticos e actuais sobre tecnoloxía, facilitando o seu acceso a ferramentas dixitais e promovendo unha cultura de innovación e seguridade dixital en Ferrolterra.