Episode Details
Back to Episodes
Sedes celebra este domingo la 34ª Feira do Mel con degustaciones, talleres, charlas técnicas y magosto popular
Published 5 months, 1 week ago
Description
O recinto feiral do Trece, na parroquia de
Sedes, acollerá este domingo unha nova edición, a trixésimo cuarta, da Feira
do mel e produción primaria. A edil de Feiras, Mar Gómez, e o delegado da
Asociación Galega de Apicultura en Ferrolterra, Rafael Díaz, presentaron a
convocatoria. A feira contará cunha trintena de postos de venda de mel, queixo
e outros produtos e abrirá de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, con
entrada de balde.
Na convocatoria participarán un ano máis varios gañadores do
prestixioso certame “Mel Cinco Estrelas”-entre eles algúns veciños de Narón e
doutros puntos de Galicia- o que suporá contar cunha inmellorable
representación do mellor mel galego, segundo indicou Díaz. Dende AGA
alertaron sobre o importante descenso na produción debido á proliferación da
avespa velutina nesta zona.
A feira abrirá ás 11:00 horas e ás 12:00 haberá un relatorio técnico,
“Chegar e encher”, que impartirá o patrón maior da Confraría de Pescadores de
Ferrol. Ás 12.30 horas dará comezo unha demostración culinaria e degustación
de produtos do mar, a cargo da citada confraría e ás 13:00 desenvolverase
outra de elaboracións con mel. A continuación, entre as 13:30 e as 14:00
haberá unha sesión vermú e ata as 16:00 pecharase o recinto.
Pola tarde reabrirá a feira ás 16.00 horas e ás 18:00 haberá un novo
relatorio técnico, neste caso sobre “Como evitar o risco da avespa asiática no
rural”, a cargo de Rafael Díaz, técnico apícola de AGA. Ás 19:00 haberá un
magosto popular.
Durante todo o día, a media mañá e a media tarde, haberá obradoiros
infantís para elaborar produtos con cera, de debuxo.... A maiores, ao longo da
xornada levaranse a cabo degustacións de balde de pan e queixo do país con
INFORMACIÓN Á
PRENSA
Gabinete de Comunicación do Concello de Narón
Praza de Galicia, s/n (15570) NARÓN
Teléfono: 981 33 77 00 Ext.- 1202
comunicacion@naron.gal
mel Cinco estrelas (de 12:00 a 13:00 e pola tarde dende as 17:00 ata as 19:00
horas). Así mesmo, haberá actividades divulgativas durante todo o día no posto
informativo de AGA e sortearanse cestos con produtos da feira entre as
persoas asistentes.
A concelleira de Feiras animou ás veciñas e veciños a achegarse ao
recinto do Trece este domingo para desfrutar desta feira, participando nas
actividades, nos obradoiros e tamén escoitando os relatorios de profesionais no
sector do mel e da alimentación. Gómez avanzou que a maiores dos postos de
venda de mel haberá outros de alimentación e artesanía.