Episode Details

Back to Episodes
O Campus Industrial de Ferrol acolle a International Staff Week con 35 participantes de 11 países europeos

O Campus Industrial de Ferrol acolle a International Staff Week con 35 participantes de 11 países europeos

Published 5 months, 1 week ago
Description
O Campus Industrial de Ferrol celebra ao longo desta semana unha nova edición da International Staff Week, un encontro internacional que reúne a persoal docente, investigador e de administración e servizos de 11 países europeos. En total, son 35 as persoas participantes chegadas de Bélxica, Bulgaria, Grecia, Letonia, Lituania, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía, Turquía e Ucraína. Durante a súa estadía, coñecerán de preto os diferentes servizos que ofrece a Universidade da Coruña, así como dous dos seus centros de referencia en investigación: o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), situado no campus ferrolán, e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), no campus coruñés. Ademais do programa académico e institucional, a International Staff Week inclúe un completo calendario de actividades culturais e sociais que permitirá ás persoas visitantes descubrir a cidade de Ferrol, a súa contorna, a cultura galega e a nosa gastronomía.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us