Episode Details

Back to Episodes
Narón celebra este domingo o Día da Bicicleta con deporte, lecer en familia e aposta pola mobilidade sostible

Narón celebra este domingo o Día da Bicicleta con deporte, lecer en familia e aposta pola mobilidade sostible

Published 5 months, 1 week ago
Description
O Concello de Narón, RadioVoz e La Voz de Galicia organiza este domingo, 5 de outubro, unha nova edición do Día da Bicicleta, unha cita aberta a persoas de todas as idades que busca fomentar o deporte, o lecer en familia e o uso da bicicleta como medio de transporte sostible. A xornada arrancará no Paseo Marítimo de Xuvia, onde terá lugar a concentración ás 10:30 horas. A saída oficial está prevista para as 11:00 horas. O percorrido, accesible para todos os niveis, discorrerá polas rúas Marcial Calvo, Castela, Rafael Bárez, A Gándara, Ponte das Cabras e Papa Xoán XXIII, finalizando de novo no paseo de Xuvia. As persoas interesadas poden inscribirse de forma anticipada na Delegación de La Voz de Galicia en Ferrol e no Concello de Narón, ou ben o mesmo día do evento, entre as 10:00 e as 10:45 horas, no punto de saída. A organización lembra que o uso do casco será obrigatorio e que non se permitirá a participación con patinetes eléctricos. O Día da Bicicleta de Narón preséntase como unha oportunidade perfecta para desfrutar dunha mañá de deporte, diversión e convivencia en familia.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us