Episode Details
Back to Episodes
Sedes acolle o 1º Encontro de Cantos de Taberna coa participación de grupos da comarca e entrada gratuita
Published 5 months ago
Description
A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza este sábado 11 de outubro o primeiro Encontro de Cantos de Taberna de Sedes, unha cita coa música tradicional que reunirá no Centro Cívico Social de Sedes a tres agrupacións da comarca.
A xornada comezará ás 19:30 horas coa actuación de Cantando afóganse as penas, procedentes de San Sadurniño, que ofrecerán un repertorio popular e cheo de humor. A continuación seguirá Son de Cantos, de Fene, baixo a dirección de Diego Maceiras, cun percorrido por distintos ritmos e melodías do acervo musical local.
Pechará o encontro Os Cantos de Taberna de Sedes, agrupación anfitrioa da A.C. Vai Rañala Meu!, que interpretará foliadas, xotas, muiñeiras e pasodobres, creando un ambiente ideal para o baile e a festa.
A entrada é libre e gratuita. Desde a organización invitan a toda a cidadanía e aos amantes da tradición galega a gozar dunha tarde de música, canto e convivencia.
A actividade conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.