Episode Details
Back to Episodes
A Agrupación Instrutiva de Caamouco participará este domingo na Limpeza Simultánea de Praias dende O Raso, en Ares
Published 4 months, 3 weeks ago
Description
A Agrupación Instrutiva de Caamouco participará o vindeiro 19 de outubro na XIV Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), coa colaboración do Concello de Ares. Será a sexta ocasión na que a entidade se sume a esta iniciativa, que este ano terá como escenario a praia do Raso, onde en 2024 se retiraran arredor de 100 quilos de refugallos.
O prazo de inscrición xa está aberto, e as persoas interesadas en participar poden anotarse no teléfono 680 16 19 29. A cita para o voluntariado será ás 11.00 horas no acceso á praia, xunto á recepción do cámping.
A xornada ten como obxectivo concienciar sobre o grave problema dos refugallos mariños e o impacto que xeran no litoral. A convocatoria está aberta a toda a cidadanía, aínda que desde a Agrupación faise un chamamento especial á participación de nenos e nenas, para fomentar desde idades temperás a responsabilidade de coidar o planeta.