Episode Details
Back to Episodes
O Foro Cidadán convoca "Viaxe Reivindicativa" Ferrol-Pedroso para denunciar o abandono do tren en Ferrolterra
Published 4 months, 3 weeks ago
Description
O Foro Cidadán polo Ferrocarril convocou unha "Viaxe Reivindicativa polo Dereito ao Tren" entre a Estación de Ferrocarril de Ferrol e Pedroso para este sábado, 18 de outubro. Con esta acción, o colectivo busca denunciar o "abandono" e as "carencias" do servizo ferroviario nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, unha situación que, segundo indican, exclúe a zona dun transporte público digno e moderno.
Baixo o lema "O tren que está por vir e non chega", a xornada comezará ás 10.00h cunha actuación musical na estación de Ferrol, e a saída do tren está prevista para as 10.45h. O cartel da convocatoria, que ilustra cun tren de vapor e a ruta con paradas como San Xoan, Virxe do Mar, Santa Icia, O Alto, Piñeiros, O Ponto, Xuvia e Ferrerías, destaca ironicamente que os participantes deben "organizarse en coches particulares" ante a falta de alternativas ferroviarias.
O Foro Cidadán, que intensificou os seus encontros con administracións e asociacións, reclama a modernización urxente das liñas, incluíndo a electrificación, a rectificación de curvas e a construción do Bypass de Betanzos, obras contempladas no plan de ADIF pero que acumulan anos de atraso. O obxectivo é visibilizar as necesidades da comarca e presionar por un transporte público que contribúa ao seu desenvolvemento equilibrado e sostible.