Episode Details

Back to Episodes
Arranca a XXXVII Semana Micolóxica de Ferrol: charlas, exposición e saída ao campo do 20 ao 25 de outubro

Arranca a XXXVII Semana Micolóxica de Ferrol: charlas, exposición e saída ao campo do 20 ao 25 de outubro

Published 4 months, 3 weeks ago
Description
Os amantes dos cogomelos e da micoloxía teñen unha cita ineludible en Ferrol a próxima semana coa celebración da XXXVII Semana Micolóxica de Ferrol, que terá lugar do 20 ao 25 de outubro de 2025 no Local Casa da Muller (Ludoteca), situado na céntrica Praza de España, fronte á Oficina de Turismo. Organizada pola Asociación Micolóxica Viriato, coa colaboración do Concello de Ferrol, esta edición contará cun programa de actividades divulgativas que inclúe charlas especializadas, unha exposición e a tradicional saída ao campo. O ciclo de conferencias arrancará o martes 21 de outubro ás 19:30 h co relatorio: “Intoxicacións por malas prácticas de conservación e tratamento dos cogomelos comestibles”, a cargo de Javier Marcos Martínez. A segunda ponencia será o miércoles 22 á mesma hora, na que Javier Marcos Martínez abordará “O xénero Amanita en Galicia”. Os días xoves 23 e venres 24 de outubro estarán dedicados á exposición. Ás 09:30 h abrirase a exposición aos centros educativos que solicitaran previamente a visita. A partir das 16:00 h, a exposición estará aberta ao público en xeral, permitindo a todos achegarse a coñecer a diversidade micolóxica da zona. Como colofón, o sábado 25 de outubro realizarase a tradicional saída ao campo para a recollida, previa anotación no local da exposición. A XXXVII Semana Micolóxica de Ferrol pechará as súas portas ás 20:00 h do sábado. Unha oportunidade excelente para que tanto afeccionados como curiosos se acheguen ao fascinante mundo da micoloxía da man de expertos.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us