Episode Details

Back to Episodes
Moeche celebra este sábado a IX Feira das Fabas con degustacións, mercado, música e actividades familiares

Moeche celebra este sábado a IX Feira das Fabas con degustacións, mercado, música e actividades familiares

Published 4 months, 2 weeks ago
Description
Moeche acollerá este sábado 25 de outubro a IX Feira das Fabas, unha cita que busca dar novo impulso a este cultivo tradicional, que no pasado foi fonte de ingresos para moitas familias. A feira celebrarase na nave do Mercado de Moeche, de 10:00 a 15:00 horas, con máis de vinte postos que ofrecerán fabas frescas e secas, produtos elaborados, pan, empanadas, froita, peixe, chacinas e artesanía. O programa inclúe concursos, obradoiros e degustacións. Ás 12:00 celebrarase o concurso de debagado de fabas, seguido dun obradoiro infantil e, ás 12:30, a agardada fabada popular preparada pola AVV de Labacengos, con racións abundantes e prezos populares. Non faltarán a nave do polbo, churrasco e churros, así como música en vivo coa charanga Vai Rañala Meu. A xornada completarase coa “Exposición Terrorífica” do Consello Local de Infancia e Adolescencia, unha mostra xuvenil que convida á reflexión sobre os dereitos humanos e a convivencia.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us