Episode Details

Back to Episodes
Neda acolle as V Xornadas Micolóxicas de Viriato, unha viaxe ao fascinante mundo dos fungos e cogomelos

Neda acolle as V Xornadas Micolóxicas de Viriato, unha viaxe ao fascinante mundo dos fungos e cogomelos

Published 4 months, 1 week ago
Description
A Asociación Micolóxica Viriato, coa colaboración do Concello de Neda, organiza as V Xornadas Micolóxicas de Neda, unha actividade gratuíta de iniciación ao mundo dos fungos e dos cogomelos que se desenvolverá os dias 7 e 8 de novembro. O prazo de inscrición está aberto e as prazas son limitadas. O programa inclúe dúas sesións teóricas, que se celebrarán o venres na Casa das Palmeiras, entre as 19:00 e as 21:00 horas, e unha saída práctica de observación o sábado pola mañá, ben no parque micolóxico do Belelle. Durante as xornadas, os expertos da asociación explicarán as diferencias entre fungos e cogomelos, as súas características, modos de reprodución e tipoloxías, e ensinarán a identificar especies comestibles e tóxicas, acompañando as explicacións con mostras reais. As persoas interesadas poden anotarse ata o día anterior ao inicio da actividade chamando ao 981 390 233 (Biblioteca Municipal).
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us