Episode Details
Back to Episodes
Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de “percusión miúda” con Ramón Dopico este domingo en Sedes
Published 4 months, 1 week ago
Description
A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! celebra este domingo 9 de novembro un novo obradoiro de música tradicional dedicado á percusión miúda, dentro das VI Xornadas Formativas en Música Tradicional. A actividade terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes, de 10.00 a 14.00 horas, e será impartida polo recoñecido percusionista Ramón Dopico, integrante de grupos como Pésdelan, Berros do Castro ou Raparigos. O curso ofrece unha introdución práctica a instrumentos como as castañolas, as culleres ou as cunchas, ideais para iniciarse e participar en foliadas. Aínda quedan prazas dispoñibles, e as inscricións poden realizarse en info@acvairanhalameu.gal ou por WhatsApp no 616 421 882. A actividade conta co apoio da Área de Cultura da Deputación.