Episode Details
Back to Episodes
Ferrol homenaxea Segura Torrella coa exposición "Nada é fraxil…" no Torrente comisariada por Suso Basterrechea
Published 4 months ago
Description
O pasado venres inaugurouse no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol a exposición Nada é fraxil…, unha ampla retrospectiva dedicada ao artista Ricardo Segura Torrella e comisariada por Suso Basterrechea. A mostra, organizada coincidindo cos 25 anos do seu falecemento, reúne unha selección significativa da súa obra e serve como homenaxe a un creador que deixou unha fonda pegada no ámbito cultural ferrolán, galego e nacional. Nada é fraxil… convida o público a descubrir a forza expresiva e a linguaxe universal da arte de Segura Torrella, ofrecendo unha oportunidade para revisitar a traxectoria dun dos artistas máis destacados de Ferrol.