Episode Details

Back to Episodes
A actriz ferrolá Marián Bañobre protagoniza "Deadpan Karaoke", monólogo de Ibuprofeno Teatro, no Jofre o sábado 15

A actriz ferrolá Marián Bañobre protagoniza "Deadpan Karaoke", monólogo de Ibuprofeno Teatro, no Jofre o sábado 15

Published 4 months ago
Description
O Teatro Jofre de Ferrol acollerá o vindeiro sábado 15 de novembro, ás 20:30 horas, a representación de Deadpan Karaoke, a nova proposta de Ibuprofeno Teatro protagonizada pola actriz ferrolá Marián Bañobre. Dirixida por Patricia Rodríguez, a peza é un monólogo sobre o amor na sociedade contemporánea que combina humor, música e cine. O espectáculo, recomendado por Camiño Escena Norte, foi recoñecido con dous Premios María Casares: Mellor Espazo Sonoro (Mónica de Nut) e Mellor Caracterización (Baia Fernández). Cun equipo maiormente feminino, Deadpan Karaoke propón unha viaxe emocional e estética que invita o público a reflexionar sobre a capacidade de sentir nun mundo dominado polo consumo e a inmediatez.
Listen Now

Love PodBriefly?

If you like Podbriefly.com, please consider donating to support the ongoing development.

Support Us