Episode Details
Back to Episodes
O BNG reitera a denuncia de abandono da estación de buses de Ferrol e reclama á Xunta melloras urxentes no transporte
Published 10 months, 2 weeks ago
Description
O BNG denunciou este xoves o “abandono” no que a Xunta mantén a estación de autobuses de Ferrol e o transporte público por estrada na comarca. Dirixentes nacionalistas concentráronse nas instalacións con pancartas para visibilizar que a cidade sofre “un transporte público precario, un deterioro absoluto dos servizos ferroviarios e un deficiente transporte por estrada”, segundo afirmou o voceiro municipal, Iván Rivas. Alertou de que estas carencias provocan que “a xente quede tirada nas paradas” por falta de prazas ou pola ausencia de frecuencias, e reclamou reforzar o servizo e revitalizar a estación.
O deputado Mon Fernández criticou que, tras máis de quince anos de iniciativas no Parlamento, a Xunta siga sen actuar e culpe ao atraso do convenio coa intermodal. Asegurou que as instalacións están “totalmente abandonadas”, con baixos comerciais pechados, e que a estación podería ser “un espazo vivo e útil” se houbese vontade política.